A B C D E F G H I J K L M N O P Q R S T U V W X Y Z #

Luar Na Lubre lyrics : "Teu Nome, Amarante"

Abre a porta vella
Da casa dos seus pais, e
Tórnalle as xanelas

E lava as mans no balde

Da unha volta á aldea

Chamábase Amarante.
No amencer só quedan
O nome e a soidade.


Meu namorado vai no río
Buscando a neve.

Meu namorado vai no río
Calmar a sede.


Lembrou as trabes de ouro
De cando nena.
E ergueu as grades altas

Onde caeran.

Marcharon todos de alí,

O tempo e a terra,
Pero a palabra estaba
No seu lugar.


E lousou con laxes novas a aira
E limpou de broza as viñas,

E inventoulle outra historia a Amarante
Para contar a unha meniña.


Abre a porta vella
Da casa dos seus pais, e
Tórnalle as xanelas

E lava as maos no balde.

Da unha volta á aldea,

Chamábase Amarante,
Pampanos, videiras,
Obradoiros e rapaces.


Meu namorado, vira o río
E calma a sede, si.

Meu namorado, vira o río
E volta a verme.


Béixanse as fronteiras
Nas casas do arrabalde,
Cantas as xanelas

O viño e os amantes

Fálalle aos sen terra

Do dereito a ocuparen
Barrios para a vida,
Palabras para a verdade.


E asi foi que esperou polos vivos
A lenda de Amarente.

E así foi que aguantou dos camiños
Teu nome, Amarante.

Submit Corrections