A B C D E F G H I J K L M N O P Q R S T U V W X Y Z #

Luar Na Lubre lyrics : "Romeiro Ao Lonxe"

Romeiro hei de ir lonxe ao San Andres
Con herbiñas de namorar,
Dareille a quen alén mar está

O aloumiño do meu amor.

Hei de vestir a camisa de liño

Que ela teceo para min
Con herbiñas de namorar;
Anda o lagarto azul e souril

A acaroar mapoulas bermellas,
Nacidas de fusís,
Co aloumiño do meu amor,

Alleo á guerra e ao seu tambor.
Morto ou vivo hei volver á terra
Que ela andou canda min

Con herbiñas de namorar;
Chouta o mascato polo cantil
A vela-lo adro familiar,

Ala lonxe, na fin,
Co aloumiño do meu amor.


Cabo do mundo, ó pé dun aguillón
Doeme a guerra ruín
Entre herbiñas de namorar;

Corvo mariño voa xentil
O amilladoiro a levantar
E pan santo a colorir

Co aloumiño do meu amor.

Romeiro hei de ir lonxe ao San Andres

Con herbiñas de namorar,
Dareille a quen alén mar está
O aloumiño do meu amor.

Submit Corrections

Thanks to guest