A B C D E F G H I J K L M N O P Q R S T U V W X Y Z #

Luar Na Lubre lyrics : "Cantiga Do Neno Da Tenda"

Bos aires ten unha gaita
Sobre do Río da Prata
Que a toca o vento do norde

Coa súa gris boca mollada.
¡Triste Ramón de Sismundi!
Aló, na rúa Esmeralda,

Basoira que te basoira
Polvo déstantes e caixas.
Ao longo das rúas infindas

Os galegos paseiaban
Soñando un val imposíbel
Na verde riba da pampa.

¡Triste Ramón de Sismundi!
Sinteu a muiñeira d&dgoa
Mentres sete bois de lúa

Pacían na súa lembranza.
Foise pra veira do río,
Veira do Río da Prata

Sauces e cabalos núos
Creban o vidro das ágoas.
Non atopou o xemido

Malencónico da gaita,
Non viu o inmenso gaiteiro
Coa frolida dálas:

Triste Ramón de Sismundi,
Veira do Río da Prata,
Viu na tarde amortecida

Bermello muro de lama.

Submit Corrections